Friday 22 de November de 2024

A Laberca inicia o ciclo teatral da Pobra con De algo hai que morrer


Catro compañías teatrais de renome no panorama cultural galego subirán ás táboas do Elma neste mes de novembro ao abeiro do ciclo que organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A Laberca marca o inicio do cartel no domingo 6, ás 19.00 horas, con De algo hai que morrer; unha conferencia fúnebre-cómico-teatral na cal dous prestixiosos e peculiares científicos, Jeckill e Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta toda a poboación: a morte. Ámbolos dous dramatizarán e darán resposta a preguntas relacionadas coa cuestión principal sempre dende a perspectiva humorística.

O acceso é libre ata completa-la cabida.