A semana pasada celebrouse unha xornada na que participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e na que técnicos de distintos departamentos da Xunta impartiron coñecementos de turismo, patrimonio cultural, innovación e posta en valor dos produtos pesqueiros
Santiago, 26 de setembro de 2015.-A Xunta está a formar aos candidatos seleccionados como Grupos de Acción Local do sector pesqueiro (GALP) para a elaboración das estratexias nas zonas costeiras de Galicia, de cara ao novo período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
A semana pasada celebrouse unha xornada na que participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e na que técnicos de distintos departamentos da Xunta impartiron aos candidatos seleccionados coñecementos de turismo, patrimonio cultural, innovación e posta en valor dos produtos pesqueiros.
O obxectivo é que estes contidos lles sexan de utilidade á hora de realizar as estratexias que deben presentar antes de desenvolver o seu proxecto. Unha vez aprobadas as estratexiase as correspondentes convocatoriaspola Consellería do Medio Rural e do Mar, os GALP poderán seleccionar os seus proxectose desenvolver accións de dinamización no territorio.
A formación desta xornada compleméntase coa información que a Consellería do Medio Rural e do Mar puxo a disposición na páxina web para orientar aos GALP na elaboración das estratexias locais. Nela, os interesados teñen á súa disposición unha guía que inclúe unha orientación metodolóxica e que se estrutura en sete partes.
Este documento aborda as principais normas do desenvolvemento pesqueiro e a creación dos GALP, a definición de misión, visión e valores para perfilar as estratexias, explicacións sobre a análise do entorno do GALP (axentes que van estar implicados na elaboración da estratexia), sobre o plan de acción, a avaliación e seguimento, a participación e conceptos sobre a comunicación da estratexia. O obxectivo é que os grupos realicen unha análise das necesidades e do potencial da zona e que establezan obxectivos e liñas de acción, para acadar os resultados que pretende conseguir a entidade coa súa actuación na zona. Este proceso debe realizarse contando coa participación da comunidade.
Colaboración
Para a elaboración da estratexia, a Consellería está tramitando un convenio de colaboración que ten a finalidade de apoiarcon 169.000 euros ás asociacións candidatas seleccionadas aos GALP, que en total son 7. Trátase do Grupo de Acción Local do sector pesqueiro “Golfo Ártabro Norte” e dos grupos de acción costeira “A Mariña Ortegal”, “Costa da Morte”, “Ría de Muros-Noia”, “Ría de Arousa”, “Ría de Pontevedra” e “Ría de Vigo-A Guarda”.
Como resultado do convenio de colaboración, cada asociación deberá elaborar unha estratexia de desenvolvemento local participativo da súa zona de actuación conforme á metodoloxía e estrutura establecida, ademais de entregar á Consellería do Medio Rural e do Mar a súa estratexia nun prazo por determinar.