Monday 23 de December de 2024

O alcalde presentaralle o orzamento municipal ás entidades veciñais


O Goberno municipal está a ultimar o orzamento municipal para o ano 2023. Está previsto incrementar o orzamento nun 4,92%, acadando os 41,5 millóns de euros.

Para a súa aprobación convocarase un pleno proximamente. Antes diso, o alcalde convocará ás entidades máis representativas de cada localidade para presentarlles o documento e explicar de primeira man os principais investimentos a realizar.