Friday 22 de November de 2024

Samaín e Magosto (cambio de ubicación


Neda celebra este sábado o Samaín e o Magosto, e dada a gran afluencia de persoas que se prevé se sumen ás actividades, o Concello decidiu trasladar ás instalacións do cole de San Isidro tanto a recepción e exposición de cabazas (a partir das 18:30 h), como as degustacións de castañas e bolos preñados e o concerto de Los Zares (a partir das 21 horas). A Casa das Palmeiras manterase, iso si, como punto de partida para os nenos e nenas inscritos na búsqueda de lambetadas e na Senda das Ánimas polo casco histórico. Neste caso, hai ao redor de 350 persoas anotadas, que se repartirán en grupos a partir das 19:30 horas para poder desfrutar dos espectáculos terroríficos que irán sucedéndose ao longo do itinerario.

Así mesmo, o Concello lembra que mañá, a partir do mediodía, o estacionamento quedará prohibido na rúa do Castro e rúa Real para garantir o correcto desenvolvemento das actividades, e pídese compresión e colaboración á veciñanza nesta tarefa.