A Xunta de Galicia acaba de facer públicos os orzamentos para o ano 2023 e neles aparece unha vez máis recollido o compromiso do Goberno de Galicia co municipio de Oleiros.
Estes orzamentos recollen investimentos centrados fundamentalmente en tres grandes eixos: infraestruturas e mobilidade, políticas sociais e educación.
Cun investimento de máis de 6.5 millóns de euros, a Xunta mellorará ascomunicacións viarias e a mobilidade de Oleiros e da área metropolitana investindo na Vía Ártabra, unha arteria neurálxica que vertebra o municipio de Oleiros coa N VI – AP9.
Outro dos grandes eixos son os investimentos en políticas sociais, máis de 1 millón de euros, servirán para mellorar os centros dedicados a atender a aqueles que máis o necesitan.
En materia educativa os orzamentos da Xunta de Galicia recollen partidas por case
900.000 euros, para equipar aos centros educativos de Oleiros, tanto de educación infantil e primaria como os de secundaria e F.P. Especialmente significativa é a partida de máis de 600.000 euros de investimento na dixitalización e implementación das novas tecnoloxías nos devanditos centros.
Os investimentos da Xunta de Galicia en Oleiros para o ano 2023, son en definitiva unha aposta rigorosa e seria que mellorarán as condicións de vida, e xerarán novas oportunidades para os veciños e veciñas de Oleiros.