Friday 22 de November de 2024

O pleno aproba incentivar a instalación de placas solares reducindo o IBI nun 50%


Para incentivar a instalación de placas solares, o Concello reducirá nun 50% a taxa do IBI a todos aqueles veciños e veciñas que instalen paneis fotovoltaicos na súa vivenda. A bonificación do imposto será por 5 anos e só poderá aplicarse nos casos nos que se trate de vivenda habitual, en instalacións certificadas desde o 1 de xaneiro de 2023.

O pleno tamén aprobou unha declaración institucioonal en apoio á pesca, marisqueo, acuicultura e á cadea mar-industria de Galicia; unha moción demandando novamente á Consellería de Infraestruturas a que cumpra coa obriga de dotar á AC-173 dunha maior seguridade ó seu paso polo Couto (Dorneda); e unha moción en apoio ás demandas das traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.