Unha vez máis a Xunta de Galicia aposta por Sada.
Esta vez, cun investimento de máis de 10,3 Millóns de euros para executar a ampliación da depuradora municipal.
Con este gran esforzo e desembolso económico, financiará integramente as obras quedarán comezo no segundo trimestre do 2023, cun prazo de 33 meses e en dúas fases, garantindo o funcionamento da planta de augas residuais durante as mesmas.
A actuación consiste en dotar á instalación hidráulica da capacidade necesaria para tratar os volumes de auga almacenada na rede, minimizando os problemas actuais de verteduras en tempo de choivas.
Estes traballos inclúense no Plan director de saneamento do municipio para a mellora da ría de Ares-Betanzos.
Para iso o concello poñerá a disposición os terreos necesarios, tramitará as autorizacións pertinentes, e asumirá as actuacións realizadas con posterioridade.
Con esta nova depuradora, grazas a este millonario investimiento autonómico, poderanse atender as necesidades dunha poboación de máis de 24.300 habitantes.