Saturday 16 de November de 2024

A ordense Ainhoa Ramos Manteiga, nova campioa nacional junior de Taekwondo


O Concello de Ordes quere felicitar e amosar a súa satisfación pola vitoria acadada pola deportista local Ainhoa Ramos Manteiga no Campionato de España junior 2015. Unha cita celebrada onte en Alacante, no pavillón Pitiu Ronchel, onde se congregaron un total de 274 competidores nados entre os anos 1998,99 e 2000.

Ainhoa Ramos Manteiga forma parte do equipo da seleción galega e chegou a esta cita en moi boas condicións físicas e psicolóxicas. Proba disto foi a súa vitoria indiscutible dentro deste campionato despois de superar ás rivais de Castela A Mancha (12-2) Euskadi (10-0) e finalmente á de Cataluña (3-2). Un novo título para o seu palmarés que tamén lle abre a porta para o campionato de Europa en Letonia, como parte integrante da seleción española.