Friday 22 de November de 2024

O Concello volverá organizar cabalgata de reis e instalará carruseis e unha pista de xeo


O 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar os nenos e nenas de Oleiros. Igual que o ano pasado, os Reis Magos desprazaranse nun autobús descapotable, decorado especialmente para a ocasión. Con antelación ao 5 de xaneiro, o Concello informará a través de todos os medios de comunicación municipais da ruta e dos horarios previstos.

Ademais, a partir do 22 de decembro haberá dúas zonas de divertimento infantís no municipio. En Perillo, na polideportiva da avenida da II República, instalarase unha pista de xeo e 2 carruseis infantís. En Santa Cruz, na praza de Esther Pita, tamén se instalarán 3 carruseis.