A Asociación Áurega, de familias de nenos e nenas con altas capacidades, talentos e inquedanzas intelectuais, programou unha conferencia para este sábado, día 29, ás 17.00 horas no Auditorio municipal de Narón sobre “A voz do silencio”, no que se abordará o tema do acoso escolar e a importancia de previr, detectar e intervir ante este tipo de situacións.
A presidenta da Asociación No al Acoso Escolar (NACE), Carmen Cabestany, será a relatora desta ponencia, para a que se pdoen inscribir as persoas interesadas a través do enlace: https://bit.ly/3DcBqEP.