Friday 22 de November de 2024

A Xunta destaca o éxito do Festival Galicia Ilusiona ao que asistiron máis de 52.000 espectadores


 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, incidiu no éxito deste festival de ilusionismo que xa é un referente mundial dentro do mundo da maxia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe nun acto no que salientou o éxito da iniciativa Galicia Ilusiona, espectáculo que tivo lugar dende o 1 de agosto ao 15 de outubro na nosa comunidade e ao que asistiron máis de 52.000 espectadores.

Durante o desenvolvemento do acto, a directora de Turismo de Galicia, incidiu no éxito deste festival de ilusionismo que, indicou, xa é un referente mundial dentro do mundo da maxia.
Este festival converteuse nun dos máis grandes de Europa, con máis de 30 artistas achegados de todos os recunchos do mundo. Gracias a todo elo, o festival logrou esgotar todas as entradas as galas que organizou nas 7 cidades galegas ou reunir a máis de 52.000 persoas durante os máis de 220 actuacións que tiveron lugar na Comunidade.

Neste senso, Castro destacou que o éxito desta iniciativa non se mide unicamente polas cifras acadadas, senón tamén polo éxito co que trasladou a ilusión tanto aos galegos como aos turistas. Así, destacou as xornadas de maxia solidaria levadas a cabo nas unidades de pediatría dos hospitais galegos.
Este Festival Mundial de Ilusionismo incluíu durante dous meses e medio de duración espectáculos dirixidos ao público familiar en emprazamentos céntricos dos concellos galegos, mostrando a maxia que ten Galicia aos veciños e aos visitantes deste Xacobeo 21-22.