Friday 22 de November de 2024

Exposición de labores da agrupación Agujas, Hilos y Dedales na Casa das Palmeiras de Neda


Poderá visitarse do 28 ao 30 de outubro, en horario de 17 a 20 horas

A agrupación Agujas, Hilos y Dedales convídannos a visitar do venres 28 ao domingo 30 de outubro a súa exposición de labores na Casa das Palmeiras, en horario de 17 a 20 h.

As súas integrantes reúnense semanalmente no centro cívico para realizar as súas labores e compartir coas súas compañeiras as súas técnicas e habilidades, aprendendo así as unhas das outras. Agora, poderemos apreciar unha selección deses traballos creados con agarimo e mestría.