Reclamar un paso de peóns nunha vía altamente transitada tanto por coches coma por persoas e recibir unha negativa desde departamento técnico supostamente dirixido por unha persoa que coñece os riscos da seguranza viaria resulta indignante.
Iso é o que lle está pasando á veciñanza do Couto, en Dorneda, que levan dous anos agardando pola instalación dun paso de peóns naquela zona atravesada pola estrada autonómica AC-173. Os responsables da Xunta, amparados nun suposto informe técnico, negan esa posibilidade.
O de momento inexistente paso de peóns do Couto será obxecto da aprobación dunha moción no pleno de hoxe por parte do Goberno de Alternativa, que insta novamente á Xunta a instalar ese paso peonil e así ser máis proactiva en materia de seguridade viaria.