• Trátase dunha campaña do órgano provincial, que forma parte da programación do 25N
• Conta con actividades que pretenden implicar a institución, familias, colexios e ao tecido económico e social
O Concello de Cerdido vén de adherirse á campaña “De Fronte” da Deputación da Coruña.
A campaña nace ao abeiro da conmemoración Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se celebra cada 25 de novembro.
O programa inclúe actividades que apelan á implicación das institución, extendendo a chamada á acción do tecido social, educativo, empresarial e das familias.
Nace co obxectivo de fomentar a colaboración entre administracións locais sensibles e activamente comprometidas coa igualdade e a erradicación da violencia de xénero, establecendo sinerxias entre elas.