Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de novembro que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.
Este mes organizaranse obradoiros de punch needle, San Martiño, introdución á técnica vocal, cociña, iniciación á maxia, teatro, hortas comunitarias… ademais de continuar co programa radiofónico Mociradio. Para obter máis información ou inscribirse é posible nas casas da mocidade (Santa Cruz e As Pedras), chamar ao 981 614 083, ou enviar un correo a pix.portaberta@gmail.com ou pix.aspedras@gmail.com.