Incluirán un obradoiro de carácter práctico a celebrar os días 3 e 4 de novembro na casa da cultura, e unha saída polo cauce do Belelle o sábado 5
O Concello de Neda e a Asociación Viriato volven a aliarse na organización das II Xornadas Micolóxicas. Celebraranse do xoves 3 de novembro ao sábado 5 de novembro, con participación de balde e inscrición previa de forma presencial na casa da cultura ou teléfono 981 39 02 33 de 9 a 13 e de 16 a 20 h, dende hoxe e ata o 2 de novembro -ou esgotar prazas-.
As dúas primeiras xornadas desenvolveranse no salón de actos da centro cultural, (en horario de 19:00 a 20:00 h o xoves e de 19:30 a 21:00 h o venres). Nelas, a Asociación Viriato impartirá un obradoiro de carácter práctico dirixido ao público en xeral interesado en coñecer as diferentes variedades de cogomelos, incidindo especialmente naquelas máis típicas e abundantes na nosa zona, e facendo
especial fincapé na identificación das velenosas. Para iso, os técnicos acompañarán as súas explicacións de proxeccións e, como non, dos cogomelos obxecto de análise.
A terceira xornada, o sábado 5 pola mañá, contemplará unha saída polo cauce fluvial do Belelle para realizar unha observación en primeira persoa dos coñecementos adquiridos nos obradoiros previos.