Saturday 16 de November de 2024

Cariño celebrará este domingo o Magosto e o Samaín con talleres, concurso de cabazas e unha casa do terror


• A xornada comezará ás 16:30 horas e estenderase ata as 22:30 horas.

• De 16 a 21 horas a Avenida da Paz estará cortada ao tráfico entre a rotonda do porto e o cruzamento coa parada de taxis.

O Concello de Cariño celebra este domingo, 30 de outubro, o Magosto e o Samaín. Farao organizando, en colaboración co ANPA A Basteira, unha serie de actividades gratuítas que inclúen: diversos talleres, concurso de cabazas, repartición de castañas e doces de tempada e, a novidade deste ano, unha casa do terror.

A partir das 16.30 horas, na casa do concello haberá diversos talleres de maquillaxe e tatuaxe relacionados co Magosto e o Samaín. Tamén se celebrará o Concurso de Cabazas, dirixido a nenos e nenas desde Educación Infantil ata a ESO, que poden anotarse ese mesmo día a partir das 16.30 horas. Desde as 18 horas, no Local Social, repartiranse castañas e doces de tempada.

Como novidade este ano, entre as 19:30 e as 22:30 horas no Calexón de Picos, os máis pequenos poderán pasar un intre terrorífico na casa do terror. A entrada farase por grupos por orde de chegada.
Durante a realización das actividades (de 16 a 21 horas), a avenida da Paz estará cortada ao tráfico entre a rotonda do porto e o cruzamento coa parada de taxis.