Thursday 21 de November de 2024

Inicio das obras de saneamento entre Saborido e Rego de Horta


Recentemente comezaron as obras para dotar de saneamento o tramo comprendido entre o lugar de Saborido e Rego de Horta, para lles dar así servizo a vivendas da contorna, ao campo de fútbol de Cadreche e ao CEP Pilar Maestú Sierra.

A intervención foi adxudicada á empresa Fermín Simal S.L. por un importe de 137 322’90 euros, IVE incluído, cun prazo de execución de dous meses. Atópase ao abeiro do POS+2017 e está financiada na totalidade pola Deputación da Coruña.

Os traballos consisten na demolición do pavimento existente para proceder coa instalación da canalización e o equipamento de bombeo e, finalmente, repoñe-lo asfalto.

As obras terán continuidade coa conexión do treito xa referido con Santo Isidro e A Conga no marco do POS+2018 e que sairá proximamente á licitación. Esta actuación complementaranse con outras dúas para que a rede chegue aos núcleos de Ouxo e O Freixo.

O alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), trasladan así do compromiso da Administración local de amplia-lo servizo de saneamento na área máis rural da parroquia de Posmarcos cun total de catro proxectos orzados en 633 000 euros, dos cales o ente provincial achegará 546 000 euros.