· A obra, que conta cun orzamento de 37.257,74 euros, está financiada con fondos do Agader.
· Os traballos inclúen a limpeza das marxes, a ampliación da vía, instalación da rede de recollida de pluviais e posterior pavimentación da plataforma.
O Concello de Camariñas iniciou hoxe os traballos de mellora no camiño do Paraxe de Forniños, situado na parroquia de Xaviña. A obra, que conta cun orzamento total de 37.257,74 euros, está financiada a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) da Xunta de Galicia.
A actuación inclúe a limpeza e o rozamento das marxes, a ampliación da plataforma mediante a canalización da beiravía da marxe dereita, instalando unha rede de tubaxes provista de sumidoiros para a recollida e evacuación de augas pluviais, a colocación dunha rigola prefabricada de formigón para separar aos vehículos dos peóns e, por último, procederase ao asfaltado da estrada e ao pintado da sinalización horizontal.