Saturday 16 de November de 2024

Inscricións abertas na V Andaina Pasos Solidarios por Neda a beneficio da Asociación Española contra o Cancro


Celebrarase o domingo 13 de novembro, cun percorrido duns 6 quilómetros con dificultade baixa para facilitar a asistencia de nenos e maiores

Tras 2 anos de parón impostos pola covid-19, a V Andaina Solidaria Pasos Solidarios por Neda, a beneficio da Asociación Española contra o Cancro, celebrarase o vindeiro domingo 13 de novembro. Será de novo un percorrido de dificultade baixa, duns 6 quilómetros, para favorecer a participación de nenos e nenas e persoas maiores. Partirá ás 11:00 horas do Albergue Municipal de Peregrinos, co reto de lograr a maior recadación posible para contribuir o labor da AECC e da investigación contra o cancro. Promovida polo Concello de Neda, conta coa colaboración da Panadería Santa Rita, do ximnasio Zanshin Sport e de Protección Civil, e cun padriño de luxo, o showman Dani Ríos, moi comprometido coa iniciativa dende os seus inicios.

Hoxe ábrese a inscrición na Andaina, con tres puntos para formalizala: a casa consistorial, os despachos en Neda e Ferrol da panadería Santa Rita -en horario de 9 a 14 h) e en Zanshin Sport -luns e mércores de 17 a 19:30 horas e martes e xoves de 19 a 21 h-.

Nesta quinta edición, e como novidade, haberá o dorsal infantil -para nenos e nenas de 6 a 16 anos-, cunha cuota de 5 euros. A mesma terá o dorsal solidario para aqueles e aquelas que desexen colaborar e non poidan participar. Así mesmo, a cuota para o público en xeral -persoas a partir de 17 anos- será de 10 euros. A recollida dos dorsais poderá realizarse na Casa das Palmeiras nos días previos á cita: venres de 17:30 a 19:30 h e sábado de 9:30 a 12 h, e o mesmo domingo dende unha hora antes da saída.

Ademais, a organización entregará camisetas e mochilas -ata esgotar existencias-, e haberá un sorteo de agasallos ao remate. Por último, haberá un nomeamento especial para aquela pandilla, asociación ou clube que agrupe a máis persoas participantes na Andaina.