O salón de plenos do Consistorio viviu na noite de onte a entrega de premios de Artemar Riveira 2015: un acto que contou coas intervencións do alcalde Manuel Ruiz, a concelleira de Promoción e Dinamización Económica e Cultura, Fabiola García, e o vicepresidente da Asociación de Empresarios Juan Manuel Sampedro.
Entre os asistentes, numerosos comerciantes, responsables de establecementos hostaleiros, artistas e asociacións que recolleron cadanseus diplomas conmemorativos da súa participación na feira. Tamén estivo a pregoeira da mesma, Sabela Pensado.
O acto serviu para entregar os galardóns ás dúas entidades gañadoras dos Concursos de Escaparatismo (Alalba) e de Decoración de Locais de Hostalería (Vinoteca Abuela Gloria).
O evento rematou cunha foto de familia.