O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Butacazero presenta a obra de teatro Papagena, dirixida por Castiñeira & Carrodeguas. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio.
Papagena é Papagena é unha ópera electrónica de pequeno formato a partir da figura da personaxe homónima da Frauta Máxica de Wolfgang Amadeus Mozart. Unha produción para analizar e re-escribir esta personaxe desde unha mirada actual e en base a dun dos maiores procesos de avance político-social dos últimos tempos: a loita contra o sexismo.
Unha soprano (Esperanza Mara), un barítono (Jacobo Rubianes Castelo), e un músico en escena (o propio compositor da ópera, Iago Hermo) serán os piares desta peza deseñada para chegar tanto aos grandes teatros como a aqueles espazos e vilas onde a ópera, quizais, nunca chegou.