· Hoxe só terá lugar a charla a cargo do doutor doutor Francisco J. Blanco.
· O Concello distribuíu, por un donativo de 5 euros, as camisetas do evento e o recadado irá a parar á Asociación Española Contra el Cáncer.
O mal tempo obriga a suspender a ‘Danza Rosa’ de Camariñas e a andaina programadas dentro da iniciativa organizada polo Concello, en colaboración coa Xunta Local de Camariñas da Asociación Española Contra o Cancro, para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama. Segue en pé a charla que impartirá o doutor Francisco J. Blanco.
Esta actividade logrou recadar 1.250 euros para axudar na loita contra esta doenza, unha achega económica que o Concello reuniu a través da distribución das camisetas para o evento por un donativo de 5 euros. Todo o recadado irá a parar á Asociación Española Contra el Cáncer.
A ‘Danza Rosa’ volvía nesta xornada por todo o alto despois de dous anos de ausencia obrigada polas restricións marcadas pola pandemia. Sen embargo, si que se celebrará a charla no salón de plenos da casa consistorial a cargo do doutor Francisco J. Blanco, catedrático de Reumatoloxía da UDC e xefe da sección de Reumatoloxía do CHUAC.
Sandra Insua sinala que se sinte “moi orgullosa do meu pobo, un pobo que non dubida en saír á rúa para loitar polos dereitos das persoas e para poñer en valor a súa loita”.
“Aínda que a loita contra o cancro de mama líbrase día a día, é moi importante realizar este tipo de actos para darlle visibilidade a unha enfermidade que afecta a unha de cada oito mulleres, ás que, en nome de todas e todos, quero mandar unha mensaxe de ánimo e forza”, salienta. “Sodes un verdadeiro exemplo de saber estar e de como afrontar a vida e o que esta nos depara”, afirma.