Friday 22 de November de 2024

O Concello de Cerdido vai adquirir material técnico asistencial para o departamento de Servizos Sociais por valor de máis de 7.000 euros


• Vanse mercar 2 camas xeriátricas, 6 andadores, 6 colchóns, 4 sillóns, 4 sillas de rodas e unha grúa eléctrica

O Concello de Cerdido vai adquirir material técnico asistencial para o departamento de Servizos Sociais por valor de más de 7.000 euros

En concreto, vanse mercar 2 camas xeriátricas, 6 andadores, 6 colchóns, 4 sillóns, 4 sillas de rodas e unha grúa eléctrica.

O presuposto desta actuación ascende a 7.260 euros, con cargo ao POS Social 2022 da Deputación da Coruña.

Segundo o alcalde Benigno Galego, “a compra deste material vai redundar no beneficio da nosa veciñanza, mellorando o seu benestar no día a día”.

O rexedor engadiu que “non só se vai mellorar o servizo para os usuarios e usuarias, se non que tamén vai derivar nunha mellora para os coidadores e coidadoras, proporcionándolles instrumentos que faciliten o seu labor”.
“Esta actuación segue a liña do noso equipo de Goberno, apostando polo investimento en servizos sociais e pola mellora na calidade de vida da nosa veciñanza” concluiu Galego.