O Concello de Camariñas fai un chamamento á cidadanía para que se sume á ‘Danza Rosa’, unha iniciativa que se levará a cabo mañá, sábado 22 de outubro para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama.
A actividade consiste nunha andaina e danza de arcos, con punto de saída na praza do concello ás 17 horas, en apoio contra o cancro de mama e con todas as persoas que loitan ou loitaron contra esta enfermidade. Á volta haberá unha charla na Casa de Pedra a cargo do doutor Francisco J. Blanco, catedrático de Reumatoloxía da UDC e xefe da sección de Reumatoloxía do CHUAC.
O acto lévase a cabo coa colaboración coa Xunta Local de Camariñas da Asociación Española Contra o Cancro.