Saturday 16 de November de 2024

Alternativa esixe a ampliación da estrada en Amil


As obras das beirarrúas na estrada AC-214 salientan o estreita que é a vía, con pouco máis de 5 metros en algúns puntos, a pesar de ser unha vía moi transitada.

Son moitos os veciños e veciñas que están a trasladar a queixa, posto que non comprenden porque non se aproveitan as obras que se están a facer para aumentar o ancho da estrada.

Alternativa esixiu ao goberno municipal que trasladen con insistencia esta petición á Xunta de Galicia, que é a titular da vía.