O Concello de Riveira e a Asociación Antidroga Renacer asinaron esta mañá a través do alcalde Manuel Ruiz e da presidenta María González un convenio de colaboración que ten por obxecto impulsar o traballo no eido das drogodependencias e en especial no tocante ao labor de prevención.
Máis concretamente, este acordó cristalizará na realización dunha xornada técnica e a edición dunha guía didáctica para proxenitores, actividades ambas que está previsto realizar con motivo da celebración do 25 aniversario da Asociación Antidroga Renacer de Riveira.
A Xornada “25 Anos na Prevención”, terá lugar o próximo venres 2 de outubro na aula do centro cultural Lustres Rivas e está dirirxida a técnicos do ámbito da prevención das drogodependencias, e membros de institucións e asociacións vinculadas a éste de toda Galicia.
O obxectivo da mesma é reflexionar sobre o traballo realizado ata a actualidade no campo da prevención das drogodependencias e brindar un espazo onde aportar e construír novas propostas de actuación, facilitando a participación e proximidade de entidades, profesionais, persoas voluntarias e de todolo interesados neste campo, co ánimo de contribuír á consolidación dunha sociedade cada día más saudable.
Como ponentes intervirán persoas de gran relevancia no campo da prevención das drogodependencias como Jesús Morán Iglesias (Xefe de Servizo. Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas. Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade), Manuel Araujo Gallego (Psicólogo Clínico UAD-ACLAD. Coordinador de desenvolvemento de ADAFAD. Redactor-coordinador do Boletín COPOLAD-Informa); Elisardo Becoña (Catedrático da Facultade de Psicoloxía da USC); D. Antonio Rial Boubeta. Profesor titular da Facultade da Psicoloxía da USC; D.Manuel Isorna. Técnico de prevención do concello de Catoira; D.Jesús Cartelle Fernández (Médico psiquiatra, Xefe do Servizo de Drogodependencias do Concello de Riveira).
Así .esmo tamén aportarán a súa experiencia neste campo Dona. Carmen Avendaño (Presidenta Asociación-Fundación Erguete de Vigo), Dona Rosa Otero (Presidenta Asociación Antonio Noche de A Coruña) e Dona María González Suárez (Presidenta Asociación Antidroga Renacer de Riveira), todas elas cunha larga traxectoria nos movementos sociais.
En canto a guía didáctica a súa edición supón unha recopilación dos temas tratados nas escolas e obradoiros para pais/nais,que esta asociación ven desenvolvendo.