Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) permanecerá estacionada a vindeira semana, o luns 24 e o martes 25, nas inmediacións do novo centro de saúde. A unidade estará operativa os dous días en horario de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas, período no que se atenderá ás persoas que desexen realizar unha doazón de sangue.
Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.
Para solicitar máis información sobre a campaña pódese chamar –de balde- ao número de teléfono 900 100 828.