Saturday 16 de November de 2024

García Seoane manifesta á Valedora do Pobo a súa disposición para aceptar a súa recomendación e democratizar a radio e os medios municipais de comunicación.


O Partido Popular de Oleiros presentara unha queixa denunciando o uso exclusivo por parte do alcalde dos devanditos medios.

O Partido Popular de Oleiros, a través do seu Grupo Municipal, recibiu a contestación da Valedora do Pobo ao seu escrito de queixa en relación coa falta de participación dos grupos políticos da oposición nos medios de comunicación municipais, denunciando a utilización exclusiva dos mesmos por parte do alcalde.

Para o Partido Popular é rechamante que no mesmo escrito onde acepta esta recomendación xa adianta a fórmula na que se “non” vai levar a cabo.

Por unha banda, comprométese o Alcalde para emprender consultas, pero non só cos grupos políticos senón tamén coas distintas entidades asociativas do Concello co que se preocupará de que se somen ao proceso aquelas que lle son ideológicamente próximas e, nin que dicir ten, en pé de igualdade representativa coas formacións políticas, “por se hai que proceder algunha votación ou acordo por maiorías”.

Por outro, anuncia que vai ser un camiño longo a percorrer, adiantando que van estudar fórmulas vixentes noutros municipios de características similares para traspoñer o seu sistema e regras de participación.

En definitiva, manifesta que vai seguir manexando e manipulando toda a información municipal a través da emisora local, as radios privadas, o xornal Vivir en Oleiros, os Paneis Informativos luminosos e a Web municipal, tal e como o viña facendo ata o de agora.

Para o Partido Popular non só é indignante que toda a información municipal, que de forma xeneralizada masiva e dunha intensidade incomparable chega aos veciños de Oleiros, non admita contraste algún, se non tamén que os miles de euros- que estimamos aproximadamente nuns cincocentos mil anuais- sexan sufragados a escote por todos os cidadáns de Oleiros.