Sunday 24 de November de 2024

O Albergue de Peregrinos reabre as súas portas tras as obras de mellora realizadas


Cumprindo os prazos previstos, renováronse as fiestras de todo o inmoble e instaláronse portas antipánico

Seguindo o cronograma previsto, no día de onte concluían as obras de mellora previstas no Albergue Municipal de Peregrinos de Neda. Así, hoxe pola mañá as instalacións reabrían as súas portas, tal e como se tiña avanzado.

Os traballos realizados contemplaron a renovación de todas as fiestras do inmoble e a instalación de portas antipánico. Unha intervención, promovida pola Axencia Turismo de Galicia, que se completará nos próximos meses coa instalación de mamparas con focos led para a separación das literas.