Friday 22 de November de 2024

O Consello Sectorial de Pesca de Riveira solicita unha nova regularización dos motores de embarcacións de artes menores


O Concello Sectorial de Pesca de Riveira mantivo esta mañá unha reunión ordinaria (a primeira desta lexislatura) na que se trataron diversos temas de interese para o noso sector do mar.

Un deles tivo que ver co libre marisqueo. A este respecto, o órgano representativo aprobou prestar o seu apoio cara a reivindicación dun novo modelo de xestión do libre marisqueo de acordo coas pretensións das nosas confrarías.

Ademais, os integrantes do consello acordaron solicitar ao Goberno Estatal unha nova regularización dos motores das embarcacións de artes menores baixo a premisa de que non implican maior esforzo pesqueiro pero si redundan na mellora das condicións laborais e de seguridade dos mariñeiros.

Outra cuestión da que se deu conta foi a inclusión da Asociación de Empresarios de Riveira no seo deste órgano representativo dos intereses do mar.

A xuntanza estivo presidida polo alcalde Manuel Ruiz e contou entre otros coa participación dos voceiros de todos os grupos municipais, os patróns maiores de Aguiño e Riveira, o administrador da lonxa municipal e representantes do sector do arrastre.