Friday 22 de November de 2024

O Concello de Moeche organiza este sábado unha charla sobre comunidades enerxéticas locais


Desenvolverase no Centro Cultural Francisco Piñeiro de Abade a partir das 18:30h

As comunidades enerxéticas locais, ou comunidades locais de enerxía renovable, son entidades que están a ser promovidas dende a Unión Europea a través de diversas directivas, e recollidas dentro do ordenamento xurídico estatal.

Constituénse como un grupo de persoas, empresas e institucións públicas, nestes caso o Concello de Moeche, que se xuntan para desenvolver un proxecto de xeración de enerxía renovable cara á eficiencia enerxética de vivendas e, sobre todo, como maneira de aforrar a fin de mes na factura da luz.

Trátase dun modelo de participación aberto, voluntario e igualitario que o Concello de Moeche ten previsto impulsar, sempre que haxa un grupo suficiente de persoas interesadas.

O Goberno local convocou con este obxectivo unha reunión informativa que se desenvolverá este sábado 22 de outubro ás 18:30h no Centro Cultural Francisco Piñeiro de Abade. O técnico da FAEPAC Xosé Manuel Golpe explicará en que consisten estas comunidades e que fórmulas de autoorganización existen para crear unha delas.