Saturday 16 de November de 2024

A función Valle-Inclán e ti acada un gran significado coa interacción do alumnado da secundaria da Pobra


Ramiro Neira fixo vivi-lo libro Jardín Umbrío a estudantado de 4.° da ESO do IES da Pobra do Caramiñal no contexto das XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán. Situado na sala Iconografía Contemporánea do Museo, o actor achegoulle algunhas das escenas ao tempo que lle ensinaba técnicas teatrais. Así, a denominación da actividade, Valle-Inclán e ti, acada un gran significado: o alumnado interactuou ao longo de toda a función e mesmo interpretou algunhas das personaxes deste libro como Juan Quinto, María Isabel ou María Fernanda.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), trasladoulle o seu agradecemento pola implicación nesta proposta organizada expresamente para o centro educativo para coñecer Valle-Inclán dende outra perspectiva. Tamén fixo entrega á biblioteca do instituto dun exemplar da publicación de banda deseñada Valle-Inclán, los años del esperpento, do autor Manuel López Poy, presentada nesta edición das xornadas. As alumnas e alumnos recibiron, ademais, cadanseu marcapáxinas como recordo do seu paso pola institución museística.

A axenda deseñada na honra do literato continúa nos vindeiros días e chegará á súa fin no día 29 coa tradicional ofrenda cívica.