Juan Ignacio Borrego: ”Levamos XVII edicións achegando a importancia da prevención á cidadanía e somos a única cidade española que organiza todos os anos unha programación específica con esta temática”
O servizo de bombeiros realizará visitas aos centros escolares con charlas e talleres sobre seguridade e prevención
A Coruña acolle a XVII edición da Semana da Prevención de Incendios 2022, que se realiza entre o 20 e o 24 de outubro, con múltiples actividades para todos os públicos entre as que se recollen talleres e cursos de información en materia de prevención, simulacros en centros educativos e exposicións. O concelleiro de Turismo, Relacións Institucionais e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, presentou esta mañá a programación, acompañado de Antonio García, responsable de proxectos educativos de Fundación Mapfre e Carlos García Touriñán, director de área de Seguridade Cidadá.
”Levamos 17 edicións achegándolle a importancia da prevención á cidadanía e somos a única cidade española que organiza todos os anos unha programación específica con esta temática”, explicou o edil. A Semana da Prevención é organizada polo Concello e o Servizo de Bombeiros da Coruña, en colaboración coa Fundación Mapfre e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros. “Quérolles agradecer a todas as entidades a súa colaboración e, moi especialmente, ao noso servizo de bombeiros pola súa implicación, sen o que non sería posible facela ano tras ano” sinalou o concelleiro.
Juan Ignacio Borrego animou a todas as cidadás e cidadáns a participar nas diferentes actividades que se realizarán na praza de María Pita ata o vindeiro luns día 24. A programación conta con exposicións, recreacións, xogos e talleres para todos os públicos.
“Unha proposta lúdica e didáctica coa que queremos que todos os coruñeses e coruñesas coñezan o traballo dos servizos de emerxencias ao mesmo tempo que toman conciencia da importancia que ten a prevención para unha mellor seguridade” concluíu.
Visitas escolares
No marco da Semana da Prevención están previstas varias visitas a centros escolares da cidade con actividades divulgativas en materia de seguridade e prevención. O servizo de bombeiros será o encargado de achegarse ás escolas, onde impartirán varias charlas sobre “a autoprotección e a prevención”, “evacuación en centros escolares” e “manexo de extintores, sinalización de emerxencia e elementos pasivos de protección”.
Tamén está previsto un simulador no que as nenas e nenos poderán aprender sobre a mobilidade en recintos de baixa visibilidade, un trivial sobre a prevención e un taller de reanimación cardiopulmonar (RCP). O concelleiro de Turismo, Relacións Institucionais e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego explicou que “con esta programación queremos que os nenos e nenas aprendan sobre prevención dunha forma divertida e amena mellorando os seus coñecementos sobre seguridade”.
A programación ao detalle
Ata o vindeiro luns 24 de outubro levaranse a cabo varias actividades na praza de María Pita co seguinte calendario:
Xoves 20
10.00 a 12.00 h – Visitas escolares á praza de María Pita.
11.30 h – Exercicio táctico. Simulación dunha fuga de gas incendiada.
17.00 a 20.00 h – Exposición de material e atención ao público, actividades interactivas para as crianzas – Casa de Fume e xornadas para todos os públicos sobre os seguintes temas: incendios domésticos, manexo de extintores, taller práctico de RCP, pautas a seguir en accidentes de tráfico e dispositivos de retención infantil.
Venres 21
10.00 a 11.30 h – Visita escolar ao colexio Santo Domingo FESD.
11.15 h Simulacro no CIFP Ánxel Casal.
11.45 h – Visita ao IES Sardiñeira.
17.00 a 20.00 h – Exposición de material e atención ao público, actividades interactivas para as crianzas – Casa de Fume e xornadas para todos os públicos sobre os seguintes temas: incendios domésticos, manexo de extintores, taller práctico de RCP, pautas a seguir en accidentes de tráfico e dispositivos de retención infantil.
Sábado 22
10.00 a 13.30 h / 17.00 a 20.00 h – Exposición de material e atención ao público, actividades interactivas para as crianzas – Casa de Fume e xornadas para todos os públicos sobre os seguintes temas: incendios domésticos, manexo de extintores, taller práctico de RCP, pautas a seguir en accidentes de tráfico e dispositivos de retención infantil.
18.30 h – Exercicio táctico – Simulación dunha fuga de gas incendiada.
Domingo 23
10.00 a 13.30 h / 17.00 a 20.00 h – Exposición de material e atención ao público, actividades interactivas para as crianzas – Casa de Fume e xornadas para todos os públicos sobre os seguintes temas: incendios domésticos, manexo de extintores, taller práctico de RCP, pautas a seguir en accidentes de tráfico e dispositivos de retención infantil.
Luns 24
10.30 a 12.00 h – Visita escolar do colexio CRP Plurilingüe Calasancias.
11.15 h – Simulacro no CIFP Someso.