Friday 22 de November de 2024

Alternativa dos Veciños felicita ao Porto da Coruña por derrubar a cantina


Unha nova oportunidade para artellar unha maior operatividade dese punto negro da mobilidade coruñesa.

O derrubamento da edificación que acolleu a cantina portuaria entre a praza de Ourense e o peirao de Calvo Sotelo, no centro da Coruña, resulta unha magnífica noticia de cara á reestruturación total dese espazo urbano que o porto xa non precisa.

Por este motivo, o presidente da Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, felicitou publicamente ao director portuario, Martín Fernández Prado, pola súa política de apertura do porto á cidade.

Desde a Alternativa quérese entender que ese derrubamento é un paso decisivo para reformular un reordenamento da Praza de Ourense, sen dúbida un dos puntos negros da mobilidade coruñesa, un traballo que deben facer conxuntamente Porto e Concello, polo menos ata que se estableza definitivamente o traspaso á cidade da superficie urbana que o porto xa non precisa para a súa actividade comercial ou loxística.