Para incentivar a instalación de placas solares, o Concello reducirá nun 50% a taxa do IBI a todos aqueles veciños e veciñas que instalen paneis fotovoltaicos na súa vivenda. A bonificación do imposto será por 5 anos e só poderá aplicarse nos casos nos que se trate de vivenda habitual.
Para seguir construíndo un municipio sostible e respectuoso co medio natural, é preciso aplicar políticas públicas que fomenten e faciliten a instalación de enerxías renovables. En relación con outras fontes de enerxía, as instalacións fotovoltaicas diminúen a contaminación do medio ambiente, non requiren doutros combustibles e reducen a dependencia de empresas privadas monopolísticas, entre moitos outros beneficios.