Saturday 16 de November de 2024

Obradoiro de primeiros auxilios


No día de onte celebrouse o Obradoiro de primeiros auxilios no Centro de Formación de Ortigueira. Estivo impartido por Carlos Lareo Porral, que ofreceu unha formación teórica e práctica sobre a reanimación cardiopulmonar, o uso de desfribriladores, así como tamén sobre atencións iniciais ante as situacións de urxencia más frecuentes.

O obradoiro foi todo un éxito de participación e tratouse dunha xornada moi valorada polas persoas asistentes. Este xoves continúan os cursos da Escola Galega de Saúde para á ciudadanía cun obradoiro sobre o uso axeitado dos medicamentos.