As entradas, ao prezo de 1 euro para o público infantil e de 2 para o adulto, poden adquirirse xa na Biblioteca Municipal
Tanxarina Títeres traerá este domingo a Neda o seu espectáculo “A Cazola de Lola”. A función inclúese no ciclo municipal “Teatro en Familia” que promove ao longo do mes de outubro o Concello, e dará comezo ás 18:30 horas. As entradas xa poden adquirirse na Biblioteca en horario de 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, ata o venres ou, en caso de quedar prazas libres, dende dúas horas antes do inicio do espectáculo. O prezo é de 1 euro para o público infantil e de 2 euros para as persoas adultas.
As mans de Eduardo Rodríguez “Tatán”, Miguel Borines e Andrés Giráldez están detrás desta obra de títeres dirixida a un público infantil -a partir de 5 anos-, e baseado no conto “La Casserole d´Anatole”, de Isabelle Carrier, adaptado por Tanxarina e Cándido Pazó, que aborda a diversidade funcional entre os menores.
O ciclo conta co apoio da Xunta e da Deputación, así como do programa Ler Conta Moito.