Gratuíta para os veciños e veciñas da localidade, incluirá degustación de castañas e baile cun grupo de música en directo
O Concello de Neda informou esta mañá de que este mércores abre o prazo de inscrición para participar na festa do Magosto para a Terceira Idade. A cita celebrarase o venres 4 de novembro a partir das 18:00 horas no centro cívico Ramón Millarengo, e nela non faltará a degustación de castañas, boliños preñados, viño e refrescos, así como un gran baile amenizado por un grupo con música en directo.
A festa é gratuíta para os veciños e veciñas da localidade, namentras que para aqueles/as que acudan doutros municipios terá un custe de 5 euros. As persoas interesadas poden apuntarse a partir de mañá no departamento municipal de Servizos Sociais, ata o día 31 de outubro ou completar aforo.