Monday 25 de November de 2024

Encontro da ministra e a alcaldesa co sector empresarial e veciñal da cidade


Xuntanza mantida esta mañá entre a ministra de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, Raquel Sánchez Jiménez, e a alcaldesa, Inés Rey; con representantes locais das Asociacións de Empresarios e Federación de Asociación de Veciños.

Á reunión asistiron en representación da Asociación de Empresarios de Agrela a presidenta, María Begoña López Martínez; acompañada por Teresa Firvida, xerente da asociación, e os vogais Baltasar López e Eva Brea. En representación do Polígono Industrial de Vío asistiu Alberto Rodríguez, director de inversións de Inveravante, xunto con Belén Rey Asensio, directora de Comunicación. O xerente da Asociación de Empresarios de Pocomaco tamén estivo na reunión, acompañado de Eva Domínguez, vogal da Xunta Rectora, e Rodrigo García, asesor técnico; e en representación da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana asistiu a presidenta Luisa Varela, acompañada por Manuel Vales.

A ministra e a rexedora estiveron acompañadas do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o director de gabinete do MITMA, Ricardo Mar Ruipérez;​ o concelleiro de Urbanismo, Infraestructuras e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego; e o coordinador xeral municipal, Gonzalo Castro Prado.