Supón un investimento de preto de 50.000 euros
O Concello de Riveira informa dunha nova actuación dirixida a incrementar a seguridade no acceso á praia de Coroso na contorna do camping e máis para mellorar o seu aparcamento.
A empresa encargada de realizar esta actuación é Vías y Servicios Generales, S.L., e o orzamento de 49.378 euros. A actuación está subvencionada por Turismo da Xunta a través de fondos Feader.
A obra ten por obxecto ampliar o ancho da calzada para que os vehículos poidan circular en ambos sentidos con suficiente espazo (actualmente conta cun ancho de 3 metros), ademais de colocar novas beirarrúas que permitan aos peóns camiñar sen risco. Tamén se prevé a redistribución das prazas do aparcamento para que están dispostas dun xeito máis eficaz.
Tamén se están facendo labores de desbroce dos sobreanchos.
O prazo de execución son dous meses.