Saturday 16 de November de 2024

Os afeccionados ao ‘running’ teñen ata o xoves, día 20 de outubro, para apuntarse á VIII Carreira Pedestre Popular Concello de Touro, que terá lugar o sábado 22 de outubro en Fonte Díaz


Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, acolle o próximo sábado, 22 de outubro, a VIII Carreira Pedestre Popular Concello de Touro 2022. A carreira, que a súa saída está prevista para as 17.00 horas, está aberta a todos os afeccionados a este deporte. Os interesados en participar poderán apuntarse ata o próximo xoves 20 de outubro ás 23.59 horas. O Concello de Touro retoma a organización da proba tras dous anos sen poder celebrala a causa da pandemia da Covid19. A carreira terá unha distancia de dez quilómetros e discurrirá por diferentes puntos do Concello de Touro, entre os que está o núcleo urbano de Fonte Díaz.

A organización, que ofrecerá un agasallo a todos os participantes, entregará trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Tamén terán premio os tres primeiros corredores locais da categoría absoluta e o primeiro clube masculino e feminino na clasificación final. A entrega de premios está prevista para as 19.30 horas frente á sede del Concello de Touro, en Fonte Díaz. As categorías da proba abarcan dende os máis xóvenes ata os máis veteranos.

Os interesados poderán apuntarse ata o próximo xoves, 20 de outubro, ás 23.59 horas na web: www.emesports.es. A cuota para inscribirse na proba absoluta: 5 euros. E os escolares tamén poderán apuntarse en www.emesports.es. A inscripción nas categorías escolares é gratuita e o percorrido estará adaptado a cada unha das idades. Na organización da carreira, ademáis do Concello de Touro, participan Federación Galega de Atletismo e a Deputación da Coruña.