Friday 22 de November de 2024

A CEMMA impartirá na Pobra unha actividade de simulacro de rescate de tartarugas e mamíferos mariños


A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), organiza para o día 23 de outubro unha actividade de simulacro de rescate de tartarugas e mamíferos mariños impartida por persoal especializado da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA). Desenvolverase na praia dos Areos, na súa parte próxima ao pantalán, dende as 11.00 ata as 13.00 horas. En caso de chuvia, trasladarase á Casa Mariñeira, situada nas inmediacións do parque do Castelo.

O obxectivo desta acción é instruír sobre como actuar ante un animal varado, expoñe-las especies que se poden ver nesta situación e as características das tartarugas, lobos mariños e cetáceos.

Aberta a toda a cidadanía, resulta preciso anotarse de balde no enderezo electrónico cemmasolicitud@gmail.com.