Saturday 16 de November de 2024

“Os Camiños de Carlos Casares” recala en San Sadurniño até finais de mes


Enviamos convite para a inauguración da mostra fotográfica “Os Camiños de Carlos Casares”, que abre na Galería do Concello de San Sadurniño hoxe luns ás 19:30h. A exposición recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos do escritor sobre a experiencia da peregrinaxe que fixo en 1992 entre o Cebreiro e Santiago. Trátase dunha mostra promovida pola Fundación Carlos Casares en colaboración co afamado fotoxornalista, incluída dentro do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Poderemos vela na Galería do Concello nos horarios de apertura das oficinas municipais.

Data: do 17 ao 30 de outubro
Lugar: Galería da Casa do Concello de San Sadurniño
Horarios: de 8:30 a14:30h de luns a venres