Friday 22 de November de 2024

Obradoiro lúdico infantil, o sábado pola tarde na Fábrica


O lar das palabras é un obradoiro para o público familiar (pais e nais con nenos e nenas de 3 a 8 anos), destinados a coñecer a lingua galega e fomentar o seu uso desde unha perspectiva lúdica e afectiva no ámbito familiar. Terá lugar o vindeiro sábado 22 de outubro na Fábrica e haberá dúas sesión, unha ás 17.00 h e outra ás 18.30 h.

As sesións comezarán coa narración oral do conto “O lar das palabras”, creado para esta iniciativa. Trátase dunha historia que narra, en clave simbólica, a historia dun Reino onde habitaban unhas palabras moi antigas que cada día que pasaba ía esmorecendo, facéndose máis pequenas, máis febles, máis invisibles. Ninguén sabía que pasaba. Despois de contar o conto comentarase coas familias as sensacións provocadas pola historia, establecendo paralelismo entre as palabras do conto e a situación actual de moitas linguas, nomeadamente o galego, que precisan ser faladas para non desapareceren.

Este é un obradoiro organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros. Trátase dunha actividade realizada para TeCe Redes en galego, ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.

INSCRICIÓN SESIÓN 17:00 H: https://forms.gle/cd3gJLsKn5sHAv6r9
INSCRICIÓN SESIÓN 18:30 H: https://forms.gle/eEsCQ5LqXsuAhYHaA