Friday 22 de November de 2024

Aberto o prazo de inscrición para participar no IV Concurso de Tapas ‘Saborea Cariño’


· Celebrarase do 16 ao 18 de decembro.

· Os participantes poderán entrar nun concurso para designar a mellor tapa con premios ofrecidos polos establecementos colaboradores.

A promoción da hostalería, o desenvolvemento da cultura do tapeo e fomentar a calidade da gastronomía do municipio son os obxectivos cos que o Concello de Cariño lanza a cuarta edición do Concurso de Tapas ‘Saborea Cariño’, que nesta ocasión levará a cabo do 16 ao 18 de decembro.
Desde mañá, sábado 15 de outubro, está aberto o prazo de inscrición para que se involucren os establecementos hostaleiros que o desexen. Poderán facelo ata o xoves 3 de novembro, antes das 14 horas, presentando a folla de inscrición debidamente cuberta no rexistro do Concello. É obrigatorio indicar a ficha técnica da receita (nome da tapa, ingredientes, alérgenos, etc.) e os datos do establecemento.
Haberá un sorteo de premios para o público que realice o roteiro de tapeo nun mínimo de 4 establecementos diferentes unha vez finalizado o concurso. O prezo das tapas poderá ser de 2 euros como máximo e todas optarán ao primeiro e o segundo premio do xurado profesional e tamén ao premio do xurado popular para designar a ‘Mellor Tapa do Público 2022’.