O Concello de Riveira informa de que do 1 ao 15 de outubro estará aberto o prazo de inscrición para anotarse nos grupos municipais de teatro, tanto o infantil como o xuvenil:
GRUPO MUNICIPAL INFANTIL DE TEATRO
(Nenas/os de 7 a 12 anos)
Todos os Mércores de 18,30 h. a 20,00 h.
Inicio do curso: Mércores 21 de Outubro de 2015
Remate do curso: Finais de Maio de 2016
GRUPO MUNICIPAL XUVENIL DE TEATRO
(Mozas/os de 13 a 17 anos)
Todos os martes de 18,45 h. a 20,15 h.
Inicio do curso: Martes 20 de Outubro de 2015
Remate do curso: Xuño de 2016
Para inscribirse, todos os interesados poderán pasar polas dependencias da Concellería de Cultura, no Centro Cultural Lustres Rivas (rúa Manuel Lustres Rivas nº 20 – 2º andar) en horario de 10:00 a 13:30 horas ou chamando ao número 981 835 650 no mesmo horario.