Os traballos contemplan a renovación das fiestras, instalación de mamparas de separación e colocación de pechaduras antipánico
O Concello de Neda informou esta mañá de que o Albergue Municipal permanecerá pechado entre o luns 17 e o xoves 20 de outubro por mor das obras de mellora previstas nas instalacións pola Axencia Turismo de Galicia. Os traballos contemplan a renovación de todas as fiestras do inmoble; a instalación de mamparas con focos led para a separación das literas, e a colocación de pechaduras antipánico nas portas de entrada do edificio.
De non producirse contratempos, prevese a reapertura do Albergue o vindeiro venres 21 de outubro.