Comezarán este venres en Laraxe, e o martes 25 nas Viñas
A área de servizos sociais do Concello de Cabanas informa da posta en marcha dunha nova edición do programa de obradoiros “Envellecemento Activo”, que se inician este venres en Laraxe (de 17 a 18.30 horas) e o martes 25 de outubro en As Viñas (de 11 a 12.30 horas).
O obxectivo destes obradoiros é crear un espazo para o encontro e a participación das persoas maiores, co fin de realizar tarefas de carácter cultural e educativo. As destinatarias son, de maneira preferente, as persoas maiores de 55 anos, e as actividades son específicas ás demandas do grupo.
Aquelas persoas interesadas en solicitar máis información ou participar poden dirixirse ao correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal ou ao 981 495 959 (ext. 2 ou 6).