— Esta iniciativa pioneira, que arrancou o ano pasado, acadou no seu primeiro curso de funcionamento preto de 500 alumnos atendidos de máis de 300 colexios e institutos
— Cada centro da rede conta cunha unidade de Acompañamento e Orientación persoal con docentes coordinadores para o desenvolvemento de actuacións de apoio e seguimento aos estudantes que o precisen
A Xunta de Galicia vén de ampliar a Rede de Orientación Persoal e Familiar de Galicia a un total de 42 centros públicos de Infantil, Primaria e Secundaria, dez máis que o pasado curso, que este ano exercerán como coordinadores do resto dos colexios e institutos da súa área de influencia para o apoio ao alumnado con maiores dificultades desde o punto de vista educativo e familiar.
Esta acción, que a Consellería de Educación puxo en marcha de xeito pioneiro o curso pasado, supuxo a creación dunha rede de 32 centros educativos que exercían de dinamizadores das súas respectivas áreas a través doutras tantas unidades de acompañamento e orientación, dotadas con profesorado específico. Agora, co obxectivo de continuar o programa, a rede amplíase en dez centros máis.
Apoio educativo e familiar ao alumnado máis vulnerable
A tarefa desta Rede de Orientación Persoal e Familia de Galicia céntrase en desenvolver actuacións específicas de apoio e seguimento ao alumnado más vulnerable desde o punto de vista educativo, ao tempo que colaborar coas familias e a contorna. Durante o pasado curso esta rede prestou apoio a preto de 500 alumnos e de máis de 300 centros educativos.
Ademais, co fin de atender á área xeográfica que lle corresponda e favorecer a mobilidade e o desprazamento dos profesionais, cada un destes centros constitúe unha unidade de Acompañamento e Orientación persoal atendida por unha persoa coordinadora do grupo dos 42 docentes incorporados para esta función.
Estes docentes -a razón dun por centro da rede- son os encargados do desenvolvemento de actuacións de apoio e seguimento ao alumnado que o precise. A súa función é a de complementar a actuación ordinaria dos centros educativos da súa área, sobre todo atendendo ás situacións máis delicadas, e sempre en coordinación cos departamentos de orientanción dos centros. Tamén se realizan labores de acompañamento ás familias, ofrecéndolles recursos para unha maior implicación nos procesos educativos dos seus fillos.
Esta Rede de Orientación Persoal e Familiar de Galicia sirve tamén de apoio e reforzo ao labor dos máis de 4.000 profesionais dedicados á orientación e o reforzo educativo que diariamente están traballando de xeito ordinario nos centros educativos galegos.
Listado de centros da Rede de Acompañamento e Orientación Persoal e Familiar neste curso (en negriña os de nova incorporación):
PROVINCIA | CONCELLO | CENTROS | ZONA XEOGRÁFICA |
A CORUÑA | A CORUÑA | CIFP Ánxel Casal- Monte Alto | A Coruña, Oleiros, Sada, Bergondo, Oza-Cesuras, Betanzos, Coirós, Curtis, Vilasantar. |
A CORUÑA | A CORUÑA | CIFP Someso | A Coruña, Culleredo. |
A CORUÑA | A CORUÑA | CEIP Plurilingüe Víctor López Seoane | A Coruña. |
A CORUÑA | AMES | IES Plurilingüe de Ames | Ames, Santiago de Compostela. |
A CORUÑA | ARTEIXO | IES Manuel Murguía | Arteixo, A Coruña, Laracha. |
A CORUÑA | CEDEIRA | IES Punta Candieira | Cariño, Cerdido, Mañón, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño, San Sadurniño, Moeche, Somozas. |
A CORUÑA | CEE | IES Fernando Blanco | Cee, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Muxía, Mazaricos, Carnota, Muros. |
A CORUÑA | CERCEDA | CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro | Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Laxe, Ponteceso, Malpica, Val do Dubra, Santa Comba. |
A CORUÑA | CERCEDA | CPI Plurilingüe O Cruce | Cambre, Carral, Abegondo. |
A CORUÑA | FERROL | IES Catabois | Ferrol, Monfero, A Capela. |
A CORUÑA | FERROL | CIFP Leixa | Cabanas, Pontedeume, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Narón, Miño, Vilarmaior, Aranga, As Pontes. |
A CORUÑA | NOIA | CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso | Lousame, Noia, Outes, Porto do Son. |
A CORUÑA | RIBEIRA | IES Leliadoura | Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo. |
A CORUÑA | ROIS | CPI Plurilingüe Dos Dices | Catoira, Valga, Negreira, A Baña, Rois, Brión, Padrón, Dodro, Pontecesures, Caldas de Reis, Cuntis. |
A CORUÑA | SANTIAGO DE COMPOSTELA | CEIP das Fontiñas | Santiago de Compostela. |
A CORUÑA | SANTIAGO DE COMPOSTELA | CEIP Pío XII | Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo. |
A CORUÑA | VEDRA | CPI Plurilingüe de Vedra | Vedra, Santiago, Teo, Boqueixón. |
A CORUÑA | VILA DE CRUCES | CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas | Arzúa, Boimorto, O Pino, Touro, Melide, Sobrado, Toques, Santiso. |
A CORUÑA | VIMIANZO | IES Terra de Soneira | Camariñas, Vimianzo, Zas. |
LUGO | A FONSAGRADA | CEIP Plurilingüe Santa María | A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Baleira, Navia de Suarna, Cervantes, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Becerreá, Baralla, Meira, A Pontenova. |
LUGO | FOZ | IES de Foz | Ribadeo, Trabada, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo. |
LUGO | LUGO | IES Leiras Pulpeiro | Lugo, Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Rábade, Outeiro de Rei, Friol. |
LUGO | LUGO | CEIP Luís Pimentel | Lugo, Sarria, O Páramo, Paradela, O Incio, Samos, Triacastela, Láncara. |
LUGO | LUGO | CEIP Paradai | Lugo, Castroverde, O Corgo, Guntín, Portomarín, Pol, Cospeito, Castro de Rei, Begonte. |
LUGO | MONFORTE DE LEMOS | CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos | Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Bóveda, O Saviñao, Pantón, Sober, Chantada, Taboada, Carballedo, A Peroxa, Nogueira de Ramuín. |
LUGO | VILALBA | CEIP Antonio Insua Bermúdez | Muras, Xermade, Guitiriz, Vilalba, A Pastoriza, Abadín, Riotorto, Lourenzá, Mondoñedo, Alfoz, O Valadouro. |
OURENSE | CELANOVA | CEIP Plurilingüe Curros Enríquez | San Cibrao das Viñas, Taboadela, Celanova, Cartelle, Ramirás, A Merca, Padrenda, Muíños, Lobios, Entrimo, Bande, Crecente, Arbo, A Cañiza, Covelo, Toén, Barbadás, Ourense, As Neves, Salvaterra de Miño. |
OURENSE | O BARCO DE VALDEORRAS | IES Lauro Olmo | A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Rubiá, O Barco, Vilamartín, A Rúa, Petín, O Bolo, Larouco, Viana do Bolo, Pobra de Tribes, Manzaneda, Castrocaldelas, Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil, A Gudiña, A Mezquita, Vilariño de Conso. |
OURENSE | OURENSE | CPI Plurilingüe José García García | Ourense |
OURENSE | VERÍN | IES Xesús Taboada Chivite | Verín, Vilardevós, Riós, Castrelo do Val, Laza, Cualedro, Monterrei, Oímbra, Vilar de Barrio, Sarreaus, Baltar, Os Blancos, Rairiz de Veiga, Sandiás, Xinzo de Limia, Allariz, Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía. |
OURENSE | VILAMARÍN | IES de Vilamarín | Vilamarín, San Cristobo de Cea, O Irixo, Beariz, Boborás, O Carballiño, Maside, San Amaro, Punxín, Avión, Leiro, Cenlle, Carballeda de Avia, Melón, Ribadavia, Cortegada, Arnoia, Castrelo de Miño, Amoeiro, Coles, Pereiro de Aguiar, Ourense. |
PONTEVEDRA | BAIONA | IES Primeiro de Marzo | Baiona, Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui. |
PONTEVEDRA | GONDOMAR | IES Auga da Laxe | Gondomar, Vigo, Salceda de Caselas, Ponteareas. |
PONTEVEDRA | NIGRÁN | IES Valmiñor | Nigrán, Vigo. |
PONTEVEDRA | CAMBADOS | CEP Antonio Magariños Pastoriza | Cambados, O Grove, Illa de Arousa, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Meis. |
PONTEVEDRA | LALÍN | CEIP Xaquín Loriga | Lalín, Vila de Cruces, Agolada, Silleda, Rodeiro, Dozón, Forcarei, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, A Lama. |
PONTEVEDRA | MOAÑA | IES Plurilingüe A Paralaia | Moaña, Marín, Vilaboa, Bueu, Cangas, Soutomaior. |
PONTEVEDRA | PONTE CALDELAS | CEIP Plurilingüe A Reigosa | Ponte Caldelas, Pontevedra, Redondela, Vigo, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario. |
PONTEVEDRA | PONTEVEDRA | CIFP A Xunqueira | Pontevedra, Poio, Vilagarcía de Arousa, Portas, Barro, Moraña, Campo Lameiro, Marín. |
PONTEVEDRA | SANXENXO | CEIP de Portonovo | Pontevedra. |
PONTEVEDRA | VIGO | IES de Teis | Vigo. |
PONTEVEDRA | VIGO | CEIP Plurilingüe O Sello | Vigo, Porriño, Mos. |